Complementando a iniciativa que xa se produce en verán, os adestramentos en baloncesto chegarán de novo á localidade durante as xornadas do 28, 29 e 30 de decembro e ao longo de tres horas, de 10:00 a 13:00.
O proceso de inscrición estará aberto ata o 23 de decembro ou ata esgotar a totalidade das prazas asignadas ó Campus.
A concelleira Lucía Blanco, o técnico de deportes municipal, Javier Sánchez, e Chiqui Barros, entrenador de baloncesto e promotor da iniciativa, presentaron esta mesma mañá no consistorio do municipio o VII Campus Chiquibásquet de Nadal: tres xornadas de adestramentos para rapaces e rapazas que desexen pasar estas datas xogando e iniciándose na práctica do baloncesto.
Así, o pavillón polideportivo aresán acollerá os días 28, 29 e 30 de decembro a celebración deste campus que xa está consolidado dentro da programación tanto estival coma de Nadal de Ares.
En horario de 10:00 a 13:00 horas, e cuns 20 participantes, buscarase a mellora deportiva e persoal da mocidade, conxugando técnicas e tácticas individuais cunha aprendizaxe lúdica. Mantén, así, as metodoloxías educativas do campus de verán, con grupos reducidos en función do seu nivel técnico e táctico.
O proceso de inscrición estará aberto ata o 23 de decembro, puidendo reservar vía telemática no correo electrónico chiquibasquet@gmail.com ou vía telefónica no 676 408 520. A participación ten un prezo de 45 euros e, segundo a organización do Campus, fican 7 prazas libres das 20 habilitadas.