Hoxe estamos de celebración non só polo Nadal, senón tamén pola boa nova que veñen de recibir no colexio municipal!! O traballo “Ares e Cuba, unha historia compartida. A súa pegada indeleble na nosa vila”, elaborado por alumnos e alumnas do CPI As Mirandas, recibiu o premio á investigación escolar da Deputación da Coruña por decisión unánime do xurado.
7 foron os alumn@s de 4º da ESO dentro da asignatura de Xeografía e Historia que obtiveron o galardón, coordinados por María do Rocío Pena Pena e en colaboración co equipo de Dinamización Lingüística do colexio:
- Geovanna Carvalho de Medeiros Correia
- Luís Alejandro Crespo Oltra
- Hugo Martínez Cortizas
- Fabio Polo Leira
- David Vila Villares
- Iván Pena Dovale
- Gonzalo Martínez Cauce
O premio, dotado con 3.000 euros, recoñece a calidade e exhaustividade do traballo, unha análise da longa relación entre Ares e Cuba a través da emigración co foco posto nas razóns, o proceso e a pegada do fenómeno migratorio na nosa localidade.
“En Ares temos que estar orgullosos de ter a primeira escola indiana de Galicia, e a segunda de España, impulsada, pagada e sostida polos emigrantes aresáns na Habana. Non foi unha escola, senón cinco, as que construíron no Concello de Ares co capital e a ilusión dos nosos emigrantes”; esas son algunhas das liñas que sintetizan o latexo da súa investigación.
Parabéns a todos eles!! Polo premio, o esforzo e o agarimo co que trataron a nosa historia!
Máis info: https://www.dacoruna.gal/novas/ficha-noticia-reducida?id_evento=21027