Organizado pola Rondalla Trobadores de Ares, coa colaboración da concellaría de Cultura e Adegas&Vinos Ares, este emotivo evento rendeu tributo ao legado musical de Gildo Illobre no municipio e na comarca. Veciños, amigos e familiares uníronse para honrar a súa memoria e celebrar a perdurable influencia da súa paixón pola música na nosa contorna.

Notas de prensa
O Concello de Ares inicia as obras de mellora da eficiencia enerxética do alumeado público de Cervás
A actuación contempla a renovación de 29 luminarias, que serán substituídas por equipos de tecnoloxía LED, así como a renovación de tramos de cableado deteriorados
