Esta festividade galega de outono destaca pola súa énfase na gastronomía, o folclore e unha variada oferta de espectáculos que cobran un protagonismo central ao longo de toda a semana.
A nosa veciñanza puido aproveitar esta experiencia na cidade lucense grazas a unha iniciativa promovida pola Concellería de Benestar, que facilitou o transporte mediante dous autobuses de ida e volta, asegurando así unha opción económica e cómoda para o desprazamento.
A continuación, mostrámosche algunhas fotografías do día!