Luis Felipe Sánchez Cousido, especialista en oncoloxía médica no CHUF, e Lucía Barcia Umbón, psicóloga na Asociación Española Contra o Cancro, afondarán nesta tipoloxía de cancro o próximo xoves 30 de novembro
A xunta local da Asociación Española contra o Cancro en Ares, coa colaboración co Concello, vén de informar sobre a súa próxima actividade: o faladoiro de Luis Felipe Sánchez Cousido, facultativo especialista en oncoloxía médica no Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF), xunto a Lucía Barcia Umbón, psicóloga na Asociación Española Contra o Cancro, arredor do cancro de mama e o seu impacto, baixo a campaña “Falando de cancro de mama. Afrontando o diagnóstico”.
A charla realizarase o próximo xoves 30 de novembro, ás 18.00 horas nas instalacións da biblioteca municipal Alianza Aresana. A entrada é totalmente de balde e contará con acceso libre, sen necesidade de reserva previa por parte das persoas interesadas no evento.