A Concellaría de Urbanismo anunciou a finalización dos traballos para a recuperación e posta en valor do camiño das Salgueiras en Chanteiro. Segundo explicou a concelleira Olimpia Marcos, esta obra trátase dunha “importante intervención para resaltar a beleza do litoral da enseada da praia de Chanteiro, que permite a conexión entre o areal e o centro histórico das baterías da punta do Segaño”.
O Concello sufragou as obras cunha subvención por importe de 71.990,39 euros procedente de Turismo da Xunta, a través dos Fondos Next Generation. Con esta axuda, levouse a cabo a execución do proxecto, que supuxo un investimento total de 79.989,32 euros, cubrindo os fondos municipais o importe restante.
En canto aos aspectos técnicos, o proxecto contemplou dous tramos. O primeiro tramo, de 240 metros de lonxitude e 4,5 metros de ancho, requiu un tratamento de rego reparador. O segundo tramo, unha senda peonil de 480 metros de lonxitude e 1,5 metros de ancho, realizouse utilizando un pavimento de terra estabilizada e aproveitando a pedra da zona, creando unha base drenante natural. Ademais, ao longo desta senda instalaráronse bancos e papeleiras para disfrutar da vista ao mar.