O venres pasado, coma peche do mes, o club reuníuse nas instalacións da biblioteca de Ares para debullar este libro de Félix J. Velando, unha lectura fluída e divertida sobre a relación entre Andrea e Jorge, capaz de inscribirse nun curso de ioga avanzado só por amor, sen ter en conta a súa nula flexibilidade.
O club saíu así do tipo de lecturas máis serias ou de carácter histórico e demostraron que na lectura tamén se agochan gargalladas… e moita frescura!