Ares volve deixar a súa impronta mariñeira na serie “Saudade de ti” da Televisión de Galicia

Comparte esta nota de prensa

O equipo de produción despídese hoxe da vila aresán coa última gravación audiovisual que realizarán no municipio.

Luces, cámara e acción! Son estas as frases que se repiten ao longo da xornada deste luns, 5 de febreiro, por mor da rodaxe da serie Saudade de Ti da TVG en Ares.

O equipo técnico e artístico regresou ao municipio para gravar varias secuencias da súa terceira tempada, facendo que sexa xa unha paisaxe cotián dentro da serie. O trasfego de produtores, directores e actores puido verse pola mañá en diferentes localidades aresáns, coma o paseo marítimo ou os arredores do mercado municipal, e pola tarde na contorna do Porto. Algúns destes espazos, de feito, xa foron protagonistas nas tres xornadas de gravación de Saudade de Ti que presenciou a vila.

Así, o ambiente mariñeiro de Ares tamén deixou a súa impronta na configuración estética da serie da Televisión de Galicia!

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.