A nosa veciña e deseñadora Cristina Gamallo Permuy vén de converterse na gañadora do XXX Concurso de Noveis Deseñadores da Mostra Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña organizada esta fin de semana.
Neste encontro con máis de 33 anos de historia, fundamental dentro do mundo da artesanía e da moda de Galicia e España, Cristina obtivo o primeiro premio pola súa colección ‘Camino’, conquistando ao xurado profesional co seu traballo cunha forte personalidade e unha fonda pegada da tradición do pastoreo.
Un recoñecemento que pon en valor todo o esforzo realizado para chegar até aí e todo un #OrgulloAresán para a vila!