O tecido empresarial de Ares afonda na mellora do seu posicionamento dixital

Comparte esta nota de prensa

A concelleira de Comercio, Lucía Blanco, achegouse onte á Casa da Xuventude para inaugurar os módulos formativos destinados a pequenas empresas da localidade inscritos dentro de Rural TIC Ares, o programa de obradoiros totalmente de balde que promove o Concello xunto co Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana centrados na divulgación tecnolóxica e o fomento da dixitalización nas vilas.

Así, na xornada que daba inicio ao primeiro obradoiro, os representantes dos negocios locais achegáronse a nocións básicas de posicionamento na rede, especificamente en Google My Business, a ferramenta que permite construír un perfil de empresa e xestionar a información dispoñible: as fotografías do local, as reseñas, os horarios…

A maiores, debullaron os elementos fundamentais para ter unha páxina web, dende o hosting, o servizo de aloxamento web, até o Content Manager System (CMS), o sistema para a organizar, crear e publicar contidos na Internet.

A próxima sesión realizarase hoxe mesmo, centrándose nun módulo para arrancar a crear un sitio web básico con WordPress e  Google Sites, configurándose coma a última xornada antes da clausura de mañá, venres, 26 de abril, de todo Rural TIC.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Campións Galegos de BTT XCM!

Ares viviu este domingo unha gran xornada de ciclismo coa celebración do I XCM Club Pulpeiros, proba do Campionato de Galicia de BTT XCM 2026.