O CPI As Mirandas organiza a súa VI Feira de Proxectos en Ares

Comparte esta nota de prensa

Durante a tarde de onte, martes, 28 de maio, o pavillón polideportivo de Ares acolleu unha cita singular: a Feira de Proxectos que promove o CPI As Mirandas con todo o seu alumnado, involucrando dende os máis pequenos de primaria aos máis maiores da secundaria.

Pais, nais e veciñanza puideron comprobar de primeira man como a mocidade fixo realidade algún dos seus proxectos e ideas, deseñando stands moi orixinais nunha xornada para pasalo ben, desfrutar do traballo realizado por estudantes e profesorado e mesmo gozar do baile de peche desta VI Feira, composto por diferentes partes  que aluden aos temas de traballo das crianzas: piratas, tempo atmosférico e ata o coidado do planeta e natureza.

Alí estiveron os representantes municipais Luis Cendán, como edil de Educación; Alma Barrón, concelleira de Cultura; Lucía Blanco, concelleira de Turismo, e Olimpia Marcos, edila de Urbanismo, xunto co equipo directivo do CPI As Mirandas.

Pódeche interesar