Chanteiro anímase co balompé no III Torneo Maratón de Fútbol Sala

Comparte esta nota de prensa

Esta fin de semana o Centro Cultural Outeiro de Chanteiro encheuse de xogadores no marco do III Torneo Maratón de Fútbol Sala, unha iniciativa que abrangueu do venres ao domingo, 28 de xullo, e que xa conta coa participación de equipos de diferentes localidades da comarca.

Formacións de Ares, mais tamén de Cedeira, As Pontes ou Valdoviño, sumáronse á terceira edición, dividida en tres categorías de benxamíns, infantís e cadetes. Onte xogáronse as finais e realizouse a clausura do evento, no que colabora o Concello, coa entrega dos trofeos aos gañadores.

Pódeche interesar

Notas de prensa

Un arroz para coidar da memoria da vila

Nunha paella de 1,90 metros de diámetro, a veciñanza puido ver como pouco a pouco cobraban cor as preto de 600 racións da 1ª Festa