25N: Ares contra a violencia de xénero

Comparte esta nota de prensa

O Concello de Ares súmase nestes días ás reivindicacións do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. A celebración demanda un ano máis o fin de toda violencia machista, procurando unha sociedade máis xusta e que teña a igualdade entre homes e mulleres como un dos seus piares fundamentais.

Xunto coa programación municipal polo 25N, a fachada do consistorio contará cunha nova iluminación durante toda a semana, un xesto simbólico que reforza a involucración do municipio coa conmemoración desta data.

Pódeche interesar