O SendAres amosa a beleza mariñeira da costa aresá

Comparte esta nota de prensa

Este domingo, os e as participantes que se sumaron á última ruta do SendAres percorreron os camiños costeiros do municipio para desfrutar, cun clima a favor e amable, da paisaxe local.

Os cantís da contorna de Estacas, a beleza máxica das Illas das Mirandas, a historia do Castro de Santa Mariña ou o misticismo da Cova dos Mouros foron algúns dos puntos a redescubrir polos sendeiristas, que tiveron explicacións in situ sobre as lendas e a relevancia destes lugares tan singulares para a identidade aresá.

O itinerario aproveitou as rutas de sendeirismo municipais xa abertas para explorar a nosa localidade e a súa beleza mariñeira, incorporando ademais tramos de interior para que a natureza do rural máis próxima amosase o seu esplendor.

O SendAres continúa dignificando as paisaxes galegas!

 

Pódeche interesar