Convocatoria das bases para a selección de 7 peóns para os servizos municipais de limpeza de praias verán 2025

ANUNCIO

Convocatoria-Bases para a selección de 7 peóns para os rervizos municipais de limpeza de praias verán 2025 do Con- cello de Ares.

Vista da Resolución pola que se aproba a concesión provisional de subvencións correspondentes ao programa MA100: subvencións a concellos para limpeza de praias marítimas no ano 2025, publicada no BOP nº 48 de 12 de marzo de 2025.

Aprobadas as Bases e a convocatoria para a selección de sete (7) peóns para o programa de limpeza de praias do Concello de Ares por acordo adoptado pola Xunta Municipal de Goberno en sesión celebrada en data 08/05/2025, por  medio do presente faise pública dita convocatoria, aos efectos oportunos.

“BASES PARA A PROVISIÓN EN RÉXIME LABORAL TEMPORAL DE 7 PEÓNS PARA OS SERVIZOS MUNICIPAIS DE LIMPEZA DE PRAIAS VERÁN 2025.

PRIMEIRA.-OBXECTO.-

O obxectodesta convocatoria é a contratación laboral temporal de 7 PEÓNS co fin apoiaraosconcellos da provincia no sostemento dos gastos da contratación dirixidos á limpeza de súaspraias marítimas durante a tempada de verán.

SEGUNDA.-MODALIDADE.-

A modalidade de contratación, tendo en conta o obxecto da convocatoria será o contrato de traballo de duración deter- minada que sópoderá celebrarse por circunstancias da produción, cunha duración de 2 meses (a determinar pola entidade contratante) e unha retribución mensual bruta (incluída parte proporcional das pagas extras) de 1.399,12 €/mes.

TERCEIRA.- SISTEMA DE SELECCIÓN.-

Nos termos do EBEP o sistema de selección, en atención aoobxecto, ao reducido prazo de contratación, á grave situación de desemprego existente no noso país (e concretamente nanosa comarca que ademais carece dun sector de aproveitamento primario e secundario), e á finalidade social que se lle pretende outorgar consistirá nunha baremación das circunstancias socioeconómicas aplicando os baremos establecidos no Anexo I e unha entrevista con exposición curricular acorde co posto a ocupar e as súasfuncións.

CUARTA.- DURACIÓN DO CONTRATO E XORNADA LABORAL.-

A duración do contrato será de dous meses contados a partir da sinatura do mesmo. Os aspirantes que superen o  proceso de selección, están obrigados a prestar unhaxornada de 37,5 horas semanais, na medida e xeitorequiridas polo interese do servizo, con horario de mañá, ou tarde, fraccionando a xornada se fose preciso, respetando os descansos semanas preceptivos.

QUINTA.- CONDICIÓN DOS ASPIRANTES.-

Para formar parte neste proceso de selección, os aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos referidos todos e cada un á data en que remate o prazo de presentación de solicitudes:

  1. Ser español, ou nacional dun Estado membro da Unión Europea, estes últimos, acorde codispostonaLei 17/1993, de 23 de
  2. Ter cumpridos 16
  3. Non padecer enfermidadeou defecto físico que impida o desenvolvemento das funciónscorrespondentesó posto de traballo para o que se
  4. Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizoó Estado, ás Comunidades Autónomas ouás Entidades Locais, ninatoparse inhabilitado para o exercicio de funcións públicas por sentencia

SEXTA.- PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS.-

As solicitudes para tomar parte no proceso de selección deberán facerse mediante instancia dirixidaó Sr. Alcalde, no modelo no Anexo II, que se facilitará a tal efecto no Rexistro Xeral do Concello, e presentaranse no propio RexistroXeral do Concello en horario de 9:00 a 14:00 h.

Xunto coa instancia deberá achegarse a documentación que de seguido se relaciona.

  • Fotocopia do N.I.
  • Documentación a valorar no Anexo I
  • Fotocopia da Tarxeta de Demandante de Emprego
  • Informe de Vida Laboral

No suposto de que non poda acreditarse a antigüidade como demandante de emprego mediante: “Fotocopia da tarxeta de demandante de emprego actualizada” e “Informe de Vida Laboral”, deberá acreditarse mediante un Informe emitido pola Oficina do Servizo Público que Emprego no que figure a antigüidade do candidato como demandante de Emprego.

A apertura deste proceso de selección comezará o día seguinte a publicarse a presente convocatoria no B.O.P,  ademais  da súa publicación napáxina web do Concello de Ares.

O prazo de presentación de instancias será de 5 días hábiles.

SÉPTIMA.- COMISION DE SELECCIÓN.-

A Composición da Comisión Seleccionadora se determinará por Resolución da Alcaldía previa proposta do Concelleiro de Recursos Humanos, Plans, Emprego e Educación no momento da finalización do período de solicitudes dos aspirantes ao posto.

Estará integrada por 5 membros: Presidente, 3 Vogais e Secretario, que poderán ser funcionarios do Concello de Ares ouPersoal Laboral fixo.

A súa vez, a Comisión Seleccionadora poderáneste caso servirse de apoio de Asesores que garden directamente relación e xestiónco programa obxecto de financiación

OITAVA.- ADMISIÓN DE ASPIRANTES.-

Expirado o prazo de presentación de instancias, a Comisión Seleccionadora avaliara as solicitudes presentadas e publicarase a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos (neste caso con indicación das causas que motivaron a exclusión) que se fará pública no Taboleiro de Anuncios e napáxina web do concello).

A continuación, facilitarase un prazo de 5 días naturais para que todos aqueles aspirantes excluídospoidan emendar      as deficiencias detectadas nasúas solicitudes ouas causas da súa posibles exclusión e así mudar a listaxe de aspirantes definitiva que se fará pública no Taboleiro de Anuncios e napáxina web do concello).

NOVENA.- SELECCIÓN DE ASPIRANTES.-

A selección dos aspirantes por parte da Comisión Seleccionadora farase mediante un criterio de puntuación composto por dúas fases, acadando a suma de ambas unha puntuación máxima total de 10 puntos e a máxima que pode acadar cada aspirante.

Primeirafase.- A Comisión Seleccionadora, en base ás circunstancias socioeconómicas acreditadas pola documenta- ción aportada polo propio solicitante e a que obre en poder do propio Concello, adxudicaralle a cada un deles a puntuación correspondente por estes criterios.

A puntuación máxima a acadarnesta fase no poderá exceder do 60% da puntuación máxima total.

Segunda fase.- A cada un/unha dos/as aspirantes previamente admitidos/as e valorados naprimeira fase, realizaráse- lleunha entrevista con exposición curricular outorgándolles por esta unha puntuación correspondente.

A puntuación máxima a acadarnesta fase no poderá exceder do 40% da puntuación máxima total.

A puntuación final será a suma da acadadanaprimeira fase e na segunda fase, establecendo o resultado final que determinará o posto definitivo do aspirante.

DÉCIMA.- PROPOSTA DE CONTRATACIÓN.-

Concluída a cualificación do proceso de selección, a Comisión publicará no taboleiro de anuncios do Concello e napá-  xina web municipal a relación de tódolos aspirantes coa puntuación final.

A comisión seleccionadora elevará á Alcaldía a  correspondenteproposta  de  contratación  a  favor  dos/as  aspirantes que obtiveron a puntuación total máis alta (a Comisión nonpoderáfacerproposta de contratación a favor dun número de aspirantes superior ao dasprazas convocadas oupropostas posteriormente).

UNDÉCIMA.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.-

Unha vez presentada a documentación á que se refire o apartado anterior, o órgano competente da corporación proce- derá á contratación a favor dos/as aspirantes propostos/as pola Comisión Seleccionadora, e será nula a contratación de que estea incurso en causas de incapacidade específica conforme á normativa vixente.

A formalización dos contratos terá lugar dentro do prazo de 10 días naturais, a contar dende a data de notificación do acordo de contratación.

Mentres non se formalicen os respectivos contratos e non se incorporen ao posto de traballo, as/os aspirantes non terándereito a percepción económica de ningunha clase.

DÉCIMO SEGUNDA.- NORMAS FINAIS.-

Primeira.- Para todo o non previsto nestas bases, ouaquilo que as contradigan, será de aplicación supletorio o estable- cido naLei reguladora das bases de réxime local, naLei de administración local de Galicia, Real Decreto 896/1991, Real Decreto 364/1995, e demaislexislaciónvixente que sexa de aplicación.

Segunda.- Todos os actos administrativos derivados desta convocatoria, así como a actuación da Comisión Seleccio- nadora, poderán ser impugnados polos/as interesados/as nos casos e na forma establecida pola Lei de procedemento administrativo e normas vixentes concordantes.

BASES E ANEXOS en pdf