Ares cruza a raia e viaxa a Portugal

Comparte esta nota de prensa

Este pasado sábado, 14 de xuño, a veciñanza de Ares gozou dunha xornada marcada polo descubrimento, a paisaxe e a compañía grazas á excursión organizada pola Concellaría de Benestar e Igualdade a varias vilas da raia portuguesa.

Ao longo de todo o día, máis de 100 veciños e veciñas exploraron Valença do Miño, Vila Nova de Cerveira e Fortaleza, combinando o turismo cultural co pracer de pasear entre os mercadiños e as tendas de tecidos. Á iniciativa sumáronse a concelleira de Benestar, Victoria Montenegro, e as edilas de Turismo e Cultura, Lucía Blanco e Alma Barrón.

A saída por estes municipios en constante relación co río Miño, pensada para facer comunidade e facilitar o desprazamento e o lecer, tamén serviu para saborear o viño verde e o tradicional bacallau luso, compartindo e degustando o bo destas vilas portuguesas.

Unha saída ideal para descubrir Portugal que nos deixou estas fotografías!

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares cruza a raia e viaxa a Portugal

Este pasado sábado, 14 de xuño, a veciñanza de Ares gozou dunha xornada marcada polo descubrimento, a paisaxe e a compañía grazas á excursión organizada