O Concello arranca o vindeiro 10 de xullo co Ciclo de Cine de Verán ao aire libre

Comparte esta nota de prensa

  • A primeira das proxeccións estará protagonizada polo filme “Ratón Pérez 2” e organizarase no patio das Escolas do Lago a partir das 22:30 h.
  • Continuará o ciclo cinematográfico, que conta co apoio da Rede Cultural da Depuación da Coruña, nas xornadas do 24 de xullo e 14 de agosto.

 

Esta semana principia unha das actividades culturais con maior atractivo para familias, crianzas e interesados polo eido cinematográfico: chega o ciclo de Cine de Verán ao aire libre que promove a Concellaría de Cultura este vindeiro xoves, 10 de xullo, coa proxección de Ratón Perez 2.

A iniciativa, totalmente de balde e ao aire libre, organizarase no patio das Escolas do Lago, no núcleo urbano da vila, a partir das 22:30 h., e destínase con este primeiro filme ós pequenos e pequenas da casa e as súas familias.

Ratón Pérez 2 céntrase na vida de Lucas (Mathias Sandor), un neno de oito anos que quere saber como fai o Ratonciño Perez para cambiar os dentes dos pequenos por moedas sen que ninguén o vexa. Mais a súa curiosidade leva a que Pérez caia nas mans de Gil Penkoff (Manuel Manquiña), un empresario sen escrúpulos que intentará facerse millonario vendendo os segredos do ratón.

Unha cita ineludible para pasalo ben con esta aventura!

PRÓXIMAS DATAS DO CICLO DE CINE AO AIRE LIBRE

O Ciclo de Cine de Verán do Concello complétase nesta ocasión con dúas proxeccións máis, todas elas co apoio da Rede Cultural da Deputación da Coruña para materializarse.

O 24 de xullo protagonizará a segunda sesión a película Momias, unha comedia de animación ambientada no Antigo Exipto, e o 14 de agosto proxectarase “CampeoneX”, seguindo o percorrido do equipo de “campións” que se volve a reunir, pero non no eido do baloncesto, senón dentro do fascinante mundo do atletismo.

Pódeche interesar