A I Mostra Pop-Up: un evento para coñecer ás marcas emerxentes da comarca no Parque Rosalía de Castro

Comparte esta nota de prensa

  • Durante toda a xornada do 13 de xullo, Ares acollerá unha boa representación do talento que hai en Ferrolterra no eido da moda, os accesorios e a xoiería grazas á alianza entre a marca Martobags e o Concello.
  • Stands con produtos á venda, música en directo e comida farán do Parque Rosalía un lugar onde desfrutar da moda local.

 

Este próximo fin de semana Ares acollerá unha das principais novidades na programación lúdico-cultural do Concello: trátase da primeira edición da Mostra Pop-Up, unha feira na que se amosarán os traballos detrás de diferentes marcas emerxentes da contorna de Ferrolterra, poñendo o foco nos deseños, artesanía e a moda de proximidade.

Ao longo do vindeiro domingo, 13 de xuño, no Parque Rosalía de Castro relucirá a creatividade de proxectos centrados na confección de roupa, mais tamén de accesorios, dende bolsos a outros complementos do día a día, ou xoiaría.

A mostra, que estará dispoñible dende as 11:30 h. ata as 22:00 h., abrangue deseñadoras como a aresán Cristina G. Permuy ou iniciativas como Studio Grelo, Marea Sunset, Emma Bracelets Jewelry, Waves, Alma Diversa, Meraki Brand, Betrayed Clothing ou Emma Clothes Fashion.

Unha mestura de mocidade, talento e emprendemento para facer do Parque Rosalía un epicentro de proxectos cun bo presente e aínda mellor futuro. Con todo, tamén haberá música en directo coa actuación do DJ Cris Ramos e froita á venda con Amoras.

A I Mostra Pop-Up de marcas emerxentes materialízase grazas á organización conxunta da Concellaría de Cultura e a marca Martobags.

Pódeche interesar