A Milla Urbana do Concello de Ares reafírmase no seu carácter referencial na comarca superando as 500 inscricións

Comparte esta nota de prensa

Corredores e corredoras de todas as idades participaron este sábado nunha nova edición da Milla Urbana Concello de Ares, unha das probas deportivas con máis tradición na vila que, ano tras ano, fai da Praza da Igrexa e do paseo marítimo todo un circuíto atlético.

Esta XXXIII edición, organizada polo Concello en colaboración coa Federación Galega de Atletismo, Coca Cola España e a Deputación da Coruña, destacou polas súas cifras de récord, acadando unha participación considerablemente alta, con máis de 500 inscritos e inscritas. A proba volveu enfatizar a súa interxeracionalidade, ao participar na Milla Urbana dende os máis pequenos ata os máis veteráns. De feito, as distancias adaptadas por categorías facilitan esta característica: percorréronse dende os 50 metros da carreiramáis curta ata os 1.600 metros da absoluta.

En representación institucional acudiron á xornada a concelleira de Deportes, Alma Barrón, e a edila de Turismo, Lucía Blanco, para repartir os trofeos e medallas conmemorativas.

 

 

Pódeche interesar