- A Concellaría de Medioambiente vén de despregar unha campaña para entregar este tipo de colectores a calquera establecemento que produza materia orgánica e desexe contribuír á xestión ecolóxica destes residuos.
- Instalarase así unha nova infraestrutura medioambiental para os restaurantes, tendas de alimentos, bares, froitarías… chave para diminuír a contaminación e obter compost natural, pois os restos orgánicos levaranse a unha planta especializada de SOGAMA para xerar fertilizante.
Baixo o lema #TiTesAChave, a Concellaría de Medioambiente impulsa unha nova campaña ecolóxica dentro do municipio, desta volta destinada aos grandes produtores de materia orgánica da vila.
Bares, restaurantes, froitarías, panaderías, floristerías… todos eles poderán contar cun colector marrón situado na rúa, preto do negocio, para depositar alí os residuos orgánicos, que despois serán trasladados a unha planta especializada de tratamento de restos orgánicos xestionada por SOGAMA co obxectivo de convertelos en compost, a modo de fertilizante natural.
Serán os propios establecementos os que terán en posesión a chave do colector marrón, que ficará pechado ata que o local precise depositar alí residuos como restos de froita e verdura, carne e peixe, cunchas de marisco ou froitos secos, restos de pan, borlas de café e infusións…
Con todo, dende a Concellaría de Medioambiente fan fincapé na importancia de non deixar no colector marrón todo aquilo que non sexa orgánico.
A edila responsable de Medioambiente, Lucía Blanco, salientou “que xa son máis de 10 os establecementos que solicitaron o seu colector marrón do programa municipal, converténdose en axentes referentes na aposta por procesos ecolóxicos no seu día a día”.
Para formalizar a reserva de praza, pódese solicitar máis información vía e-mail (lucia.blanco@concellodeares.com) ou no teléfono 981 46 81 02.