Os rapaces e rapazas dende os 3 aos 12 anos pasáronno en grande esta semana nas instalacións da Biblioteca Municipal de Ares na procura das pistas que lles deixou o seu equipo dinamizador.
Dentro da iniciativa ‘Unha biblioteca de medo’, a mocidade aventurouse entre a escuridade e as pantasmas para resolver o xogo . Lanternas, disfraces e risas encheron a Alianza Aresana, coas crianzas explorando cada recuncho dela: baixo as mesas, ao carón dos libros, nos sofás…
Unha boa experiencia para estes días cheos de ánimas!




