As rondallas de Trovadores de Ares e Lucero del Alba de Neda estarán o próximo domingo, 23 de novembro, no Casino Aresano para celebrar o Día do Músico 2025.
Os espectáculos musicais das dúas agrupacións, programados pola Concellaría de Cultura, comezarán a partir das 18:30 h. e servirán coma conmemoración dunha data que rende homenaxe a todos os artistas que adican a súa vida á música, inspirando e transmitindo emocións a partir das súas composicións e interpretacións.
O Día do Músico celébrase cada 22 de novembro en honor a Santa Cecilia, a súa patrona, para destacar a importancia da música na nosa cultura e sociedade contemporánea.

