Ares xa ten o seu calendario municipal para o 2026

Comparte esta nota de prensa

  • Despois de fallar o IX Concurso de Fotografía Xuvenil, o Concello pon a disposición da veciñanza o novo almanaque coas instantáneas dos rapaces e rapazas tanto gañadores coma finalistas.

 

Este venres pasado a Alianza Aresana acolleu o acto de entrega de premios do IX Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares, un evento que tamén serviu a modo de presentación do Calendario Municipal de 2026, integrando as instantáneas no seu deseño.

Así, a concelleira de Cultura, Alma Barrón, deu os seus parabéns tanto aos gañadores  –Álvaro Díaz Vidal e André Benito Martínez –  como aos finalistasSara Pereira Vilar, Aila Sánchez Sánchez, Antón Sánchez Sánchez e Lucas Martínez Rouco –.

Dende a área que dirixe Barrón tamén agradeceron a involucración de toda aquela  mocidade aresán que se animou a capturar, dende as súas olladas particulares, o municipio, buscando recoñecerse nas paisaxes e espazos do seu arredor.

Nesta ocasión, é precisamente a paisaxe litoral de Ares a que cobra especial relevancia nas instantáneas: as cabrias de Redes, os barcos mariñeiros, as Illas das Mirandas e a súa serea… símbolos que axudan a entender que foi e que é a vila hoxe en día.

Para o IX Concurso de Fotografía Xuvenil, o xurado da edición estivo composto por Yolanda Castro, da comunidade educativa do CPI As MirandasMarcos López Alonso, Martín Quintián e Sete Vázquez, da Asociación de Fotografía de Ferrolterra, e a propia edila de Cultura, Alma Barrón.

Coma se lembrou no propio acto de entrega dos premios, o calendario municipal xa está dispoñible nas instalacións da Biblioteca Municipal de Ares para toda aquela persoa que o desexe.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

E a vila celebrou o Día do Músico!

O Casino Aresano vibrou onte coas actuacións das Rondallas Trovadores de Ares e Lucero del Alba de Neda, no marco da proposta deseñada pola Concellaría