A Academia AresXSaúde principia con gran acollida abordando a xestión emocional

Comparte esta nota de prensa

A veciñanza encheu o salón de actos da Alianza Aresana na primeira sesión da nova edición da Academia AresXSaúde, o programa municipal pensado para introducir hábitos saudables e ferramentas prácticas de benestar no día a día.

O psicólogo José Barcia Tuccelli guiou unha charla divulgativa centrada na importancia de coñecer, identificar e regular as emocións, afondando tamén no papel do mindfulness como aliado fronte ao estrés e nas pequenas decisións cotiáns que inflúen directamente no noso equilibrio emocional.

Unha sesión centrada en mellorar o autocoidado e a saúde mental e que marca o inicio do ciclo divugativo que propón a Academia AresXSaúde dende este mes de novembro até abril, achegando coñecementos da man de expertas e expertos no eido da psicoloxía, a actividade física ou a nutrición.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

O Nadal chegou á biblioteca!

Xa está todo listo na biblioteca municipal de Ares para gozar deste período festivo. De feito, nestes últimos días os máis pequenos e pequenas amosaron