Ares pecha con éxito a IV etapa da Liga Galega de Patinaxe Freestyle

Comparte esta nota de prensa

O pavillón polideportivo municipal converteuse esta fin de semana no escenario da última xornada da Liga Galega de Patinaxe Freestyle, unha cita decisiva que serviu para definir o campionato, finalmente conquistado polo club Alquimia Inline, organizador da proba.

Durante toda a xornada do sábado, Ares gozou dun bo ambiente con patinadores e patinadoras amosando as súas destrezas nas modalidades de team battlestreet derrapes deste deporte en crecemento.

Grazas ao club Alquimia Inline por escoller Ares para pechar a competición, e tamén a todas as persoas que se achegaron ao pavillón para animar ou descubrir o patinaxe freestyle por primeira vez.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

Ares lembra a figura e o legado de Bello Piñeiro

Compartimos algunhas imaxes do relatorio celebrado na Casa Rectoral de Ares, con motivo do 140 aniversario do nacemento do artista.  O encontro contou coa participación