O Casino Aresano vibrou onte coas actuacións das Rondallas Trovadores de Ares e Lucero del Alba de Neda, no marco da proposta deseñada pola Concellaría de Cultura para conmemorar o Día do Músico 2025.
A veciñanza achegouse até alí para desfrutar das súas voces e interpretacións e celebrar unha efeméride que cada ano lembra a Santa Cecilia, patrona dos músicos, amais de homenaxear a todos os artistas que se adican á disciplina musical de múltiples xeitos, mais sempre dende a entrega e o pracer.
Porque a música, sobre todo, une e deixa pegada!




