O Concello de Ares súmase nestes días ás reivindicacións do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, para rexeitar a violencia machista en todas as súas formas, sendo conscientes de que continúa a ser unha lacra estrutural da nosa sociedade.
Xunto coa programación municipal deseñada para hoxe, a fachada do consistorio amosa unha nova iluminación durante toda a semana, como forma de apoio simbólico á causa do 25N.
De igual maneira, o Concello adhírese á declaración institucional da FEGAMP, condenando así cada acto de agresión ás mulleres, mais tamén a quen nega, minimiza ou xustifica a existencia da violencia de xénero.
Porque a voz das mulleres non se apaga.


