Un novo xeito de mirar as matemáticas dende Ares

Comparte esta nota de prensa

Nestes últimos meses do ano, houbo quen se animou a ollar a rama das matemáticas dende unha visión distinta á tradicional. Fronte a idea de que é unha disciplina de coñecemento abstracta e difícil, Covadonga Rodríguez-Moldes, Cristina Montero e Begoña Gómez, con ampla experiencia na docencia, deseñaron un programa para contrarrestar estes estereotipos aos que se sumou a veciñanza aresá.

Xunto co Concello, impulsaron o programa ‘Non remates coas mates’, que xa desenvolveu dúas sesións con metodoloxías dinámicas e actividades colectivas na Aula de Cultura da Rúa Zamborela. E todo para pensar nas matemáticas como un elemento esencial das humanidades: algo adherido á nosa cultura e que vai máis aló dos números, das fórmulas e das operacións.

Dende descubrir aos seus participantes a beleza da proporción áurea ata explorar a dimensión fractal de certas estruturas ou adentrarse nas particularidades do infinito, tanto os contidos como a forma de ensinalos propoñen unha aprendizaxe lúdico-participativa das matemáticas.

A maiores das dúas sesións de outubro e novembro, o programa terá unha última cita o 21 de xaneiro, a partir das 18:30 h., para afondar naqueles influencers’ da historia das matemáticas: aquelas figuras que, sen redes sociais, cambiaron o rumbo do mundo e da ciencia.

Bota aquí unha ollada a algunas das fotografías das últimas aulas!

 

 

Pódeche interesar