O vindeiro 19 de decembro ás 17:00 h., o Club Náutico de Ares acollerá a segunda sesión do programa Academia AresXSaúde que impulsa o Concello, desta volta centrado na cociña.
A docente Eva Pazos, profesora na escola gastronómica Oído Cociña, impartirá un obradoiro onde se poderán aprender ideas fáciles e prácticas para almorzos e merendas saudables, achegando 3 receitas para cada parte do día, tendo en conta a redución de ingredientes como o azucre.
Diríxese a adultos con menores de entre 8 a 12 anos ao cargo e conta coa colaboración da Asociación de Diabéticos de Ferrolterra.
Para acudir, é preciso reservar praza dende hoxe, 4 de decembro, no Departamento de Servizos Sociais de Ares sito na Praza da Constitución, presencialmente, no horario de atención ao público, ou ben telefonicamente no 981 448 354, até o luns, 15 de decembro

