- Nestes últimos días veñen de rematar os traballos que se estaban a executar para incorporar un tratamento de aglomerado asfáltico sobre o camiño, que presentaba irregularidades na superficie, baches e un considerable desgaste.
- A intervención tamén ampliou o ancho para mellorar o tráfico e aumentar a seguridade vial no cruce de vehículos.
A Concellaría de Urbanismo vén de informar da finalización das obras no Camiño das Pedras, unha mellora centrada no seu pavimento, notablemente desgastado ao longo do tempo con irregularidades na superficie, indefinicións e atascos nas cunetas.
Grazas a esta intervención, aplicouse un tratamento con aglomerado asfáltico sobre o trazado do camiño, de cara a eliminar os seus baches, escarificacións e desgaste xeral, mais tamén se limparon as cunetas e se ancheou o camiño en zonas de cesión previa. Finalmente, instaláronse catro sumidoiros ao longo do tramo co fin de recoller as augas superficiais e reacondicionáronse as bocas dos pozos de saneamento.
En esencia, a intervención non só permite un impulso da comunicación, senón tamén unha mellora do tráfico e un aumento da seguridade vial ao favorecer o cruce de vehículos, que até o de agora debían facer manobras con maior peligrosidade.
O proxecto conlevou un investimento de 54.189,85 euros, asumidos entre o Concello (12.704,85 euros) e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (41.485 euros).








