A música coral volveu soar no XIV Festival de Panxoliñas

Comparte esta nota de prensa

A Igrexa de San Xosé acolleu este domingo unha nova edición do Festival de Panxoliñas, unha cita xa consolidada no Nadal aresán que reuniu á veciñanza arredor da música das agrupacións locais.

Nesta décimo cuarta edición, o público gozou das actuacións de Son de Troula, a Rondalla Trovadores de Ares, a Banda de Música da Asociación Cultural Xábrega e o Coro da Igrexa Evanxélica, que ofreceron unha ampla mostra do talento coral existente no municipio.

Tamén asistiron, en representación institucional, a concelleira de Cultura, Alma Barrón, e a edila de Benestar, Victoria Montenegro.

Unha tarde para compartir cultura e celebración colectiva, coa música como fío condutor destas datas tan sinaladas.

📸 Velaquí a crónica fotográfica do XIV Festival de Panxoliñas! 👇

 

 

Pódeche interesar