O pavillón polideportivo municipal acolleu nos últimos compases de decembro varias propostas lúdico-deportivas pensadas para entrar en contacto con novos deportes e, tamén, pasalo ben entre a veciñanza aresá, de igual a igual.
Primeiro foi o Torneo de Tenis de Mesa de familias, proposto entre o club Cidade de Narón e o Concello, deseñado precisamente baixo un enfoque interxeracional, aproveitando o carácter inclusivo deste tipo de deporte. As familias ou persoas achegadas puideron botar unhas partidas entre elas e pasar unha boa tarde de finais de decembro.
E logo chegou a quenda da xornada de portas abertas que organizou Ares Futsal, coa colaboración da Concellaría de Deportes, onde rapazas de todas as idades puideron iniciarse na práctica do fútbol sala e plantexar a posibilidade de crear un equipo feminino onde se poida aprender, divertirse e competir.
Un Nadal para moverse, mais sobre todo para tecer lazos comunitarios!








