Peche provisional do pavillón polideportivo do 11 ao 16 de maio

Comparte esta nota de prensa

Entre os días 11 e 16 de maio, ambos incluídos, o pavillón polideportivo municipal permanecerá pechado por obras incompatibles co seu uso habitual. 

En consecuencia, suspéndense todas as actividades e servizos que se desenvolven nesta instalación deportiva municipal nas citadas datas, segundo informa a Concellaría de Deportes.

En canto ás Actividades e Escolas deportivas municipais, trasladaranse ao local social de Seselle nos mesmos horarios aquelas que se impartían na sala de usos múltiples.

Lamentamos as molestias causadas.

 

Pódeche interesar

Notas de prensa

CONTACONTOS MUSICAL: Os rizos de Lía!

Chega á vila o contacontos musical Os rizos de Lía, unha actuación totalmente de balde para nenos e nenas de 3 a 10 anos: música