Ares e os Maios: xantar comunitario, xogos e música para celebrar a chegada da primavera

Comparte esta nota de prensa

O pasado 1 de maio, a veciñanza reuniuse no parque Rosalía, no núcleo urbano do municipio, para dar a benvida á primavera nunha xornada festiva.

Dende mediodía, os veciños e veciñas puxéronse mans á obra para confeccionar as figuras tradicionais dos Maios con elementos naturais: flores, piñeiro, tuia, laranxas… un xeito de simbolizar a fertilidade da terra e exaltar o peche do inverno.

Non faltou o xantar compartido, onde familias e amizades se xuntaron para desfrutar da comida ao aire libre, nin tampouco a música, os xogos tradicionais ou os postos de artesanía que completaron a programación ao longo do día.

O evento foi posible grazas ó traballo da asociación veciñal O Rueiro e á colaboración do Concello na súa xestión loxística.

 

 

 

Pódeche interesar