Declaración institucional polo Día das Letras Galegas 2026

Comparte esta nota de prensa

O Concello de Ares súmase, tras aprobar a adhesión na súa última sesión plenaria ordinaria, á declaración institucional da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para conmemorar o Día das Letras Galegas deste 17 de maio, un recoñecemento público á xornalista e escritora Begoña Caamaño, unha figura cunha vida e obra marcadas polo seu compromiso social.

A nivel literario, Caamaño destacou pola súa innovación narrativa en novelas como ‘Circe ou o pracer azul’ (2009) ou ‘Morgana en Esmelle’ (2012), textos pioneiros na reinterpretación de mitos clásicos cunha fonda mirada feminista.

Na súa faceta xornalística, foi unha gran defensora dos medios públicos galegos e da súa función chave dentro de Galicia, achegando á cidadanía información e contidos de calidade para decidir baixo principios de responsabilidade e liberdade.

Coa súa homenaxe, Begooña Caamaño convértese na sétima muller á que se lle adica o Día das Letras Galegas, despois de Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido, María Mariño, María Vitoria Moreno, Xela Arias e Luísa Villalta.

Por mil primaveras máis para o galego!

 

Pódeche interesar