Inscricións abertas para o Campus do Celta en Ares!

Comparte esta nota de prensa

O técnico municipal de Deportes, Javier Sánchez, e tamén o do Departamento de Comunicación Institucional e Informática, Rubén Ozores, acudiron en representación do Concello até Vigo para participar no encontro de sedes dos Campus lúdico-formativos organizados polo RC Celta, unha iniciativa da que Ares forma parte dende os seus inicios.

O encontro, mantido no estadio de Balaídos, contribuíu a estreitar lazos entre os representantes do equipo de fútbol olívico e o resto de municipios involucrados nos campus, mais tamén se desvelaron os detalles relacionados coa súa posta en marcha.

No que atinxe a Ares, o Campus de Verán do Celta realizarase entre o 13 e o 17 de xullo, sempre en horario de mañá, para nenos e nenas de entre 5 a 16 anos. As inscricións xa están dispoñibles e inclúen un prezo con desconto para os xogadores federados do ADR Numancia.

Máis información en https://rccelta.es/fundacion/actualidad/campus-de-verano-celta-by-cabreiroa-2026-en-marcha/

Pódeche interesar