Co bo tempo a favor, os veciños e veciñas tanto aresáns coma mugarderes acudiro até a Ermida da Mercé para celebrar unha das tradicións máis antigas de todo o territorio da comarca: o Voto de Chanteiro 2026, a romaría que, nunha contorna privilexiada, xunta os ecos da historia coa festa popular.
Ambos concellos facilitaron, coma en anos anteriores, os desprazamentos até a ermida en autobús, mais houbo quen tamén acudiu a pé para, ás 12:00 horas, participar da celebración do acto litúrxico, desfrutar coa música tradicional do grupo Trouleada de Ares e probar a empanada do Alto de Simou, da que se repartiron unhas 000 racións.
Até esta festa que xa vai máis aló da vertente relixioso achegáronse, en representación do Concello, tanto o alcalde de Ares, Julio Ignacio Iglesias Redondo, como as concelleiras Alma Barrón e Olimpia Marcos.
Un festivo compartido que ten a súa orixe no século XV, cando segundo a tradición a comarca de Ferrolterra se liberou da peste grazas á intercesión da Virxe da Mercé. En agradecemento dese xesto, instaurouse un voto anual que aínda se mantén neste presente con moita involucración da veciñanza.
FOTOGRAFÍAS: Concello de Ares e Juan Martínez, de Xente de Ares.









