Tres motivos de orgullo para Ares

Comparte esta nota de prensa

Até a vila chegaron nestes últimos días moi boas novas relacionadas co esforzo e talento da súa veciñanza en disciplinas tanto académicas coma deportivas.

O venres pasado, Nuria Mahía Escudero recollía no Auditorio Municipal de Ferrol o Premio Cipriano Dobarro 2026, un galardón que recoñece o seu expediente académico, compromiso e carácter solidario no marco dos seus estudos no Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos da UDC. Un novo éxito dentro da súa formación!

Tamén nesta fin de semana Carlos López Vilasánchez, Charly’, viviu un fito histórico coma xogador do SD Compostela: o ascenso a Segunda Federación tras un encontro moi disputado ante o Badalona, culminando esta tempada cun logro moi agardado polos picheleiros.

E pecha o ciclo de orgullos aresáns a nosa veciña Lara Pita, que se proclamou en As Pontes campioa de Galicia de BTT Cross Country Olímpico (XCO): outro premio á constancia e paixón polo ciclismo de montaña!

Por moitas máis alegrías e éxitos así! Parabéns aos tres  👏

Pódeche interesar

Notas de prensa

Tres motivos de orgullo para Ares

Até a vila chegaron nestes últimos días moi boas novas relacionadas co esforzo e talento da súa veciñanza en disciplinas tanto académicas coma deportivas. O