INSCRICIÓN: https://forms.gle/LeibRUi6ZX5hsrSU6
-
Fecha: 18 de xullo
-
Lugar: Rampla Grande de Ares
-
Hora: A partir das 17:30 h.
Información adicional:
-
Aberto a todas as idades.
-
Inscricións previas en www.concellodeares.gal.
-
Prezo: 3 €*
-
*Agás a categoría popular, que é de balde.
-
Organiza:
-
Concello de Ares
-
Serviocio
-
Natación Ferrol
-
Deputación da Coruña (Compromiso co deporte
REGULAMENTO DA XXIX TRAVESÍA A NADO RÍA DE ARES
DATA: 18 de xullo de 2026
HORA E LUGAR: 17:30 horas, na Rampla Grande de Ares
Categorías Masculina e Feminina
- Popular: Todas as idades (distancia 100 m)
- A: Nados/as en 2015 e posteriores, e en 1961 e anteriores (distancia 400 m)
- B: Nados/as en 2013 e 2014 (distancia 1.000 m)
- C: Nados/as en 2011 e 2012 (distancia 1.000 m)
- D: Nados/as en 2009 e 2010 (distancia 1.000 m)
- E: Nados/as en 2007 e 2008 (distancia 1.000 m)
- F: Nados/as entre 2006 e 1992 (distancia 1.000 m)
- G: Nados/as entre 1991 e 1977 (distancia 1.000 m)
- H: Nados/as entre 1976 e 1962 (distancia 1.000 m)
Inscricións en www.concellodeares.gal, do 26 de xuño ao 15 de xullo. Límite de 150 participantes.
Prezo: 3 € (agás a categoría Popular, que será gratuíta).
Permítese o uso de traxe de neopreno.
Haberá unha zona de recuperación/avituallamento tras cruzar a liña de meta, con bebida quente e fría, así como froita.
PREMIOS:
Agasallo dun gorro de natación para cada participante. Trofeos para os gañadores absolutos da travesía (masculino e feminino), así como para o/a nadador/a máis novo/a e o/a máis veterano/a.
Medallas para os tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto en masculina como en feminina. Na categoría Popular, ao non existir podio, haberá medallas para todos os participantes.
ORGANIZA: CONCELLARÍA DE DEPORTES DO CONCELLO DE ARES.


