O Mercado Municipal acolleu onte a primeira sesión deste novo ciclo de música de autor en acústico, integrado na programación VeraneAres 2026 da Concellaría de Cultura.
Nesta estrea, o protagonista foi Luis Mera, ‘Lucky’, veciño de Ares, que compartiu co público unha actuación íntima e pensada para escoitar con calma as súas letras e melodías.
✨ A proposta de ‘Ao Son do Mercado’, impulsada polo Concello, naceu precisamente para vivir a música nun formato cercano, cun aforo limitado, e dándolle un uso distinto ao propio mercado, que este ano cumpre 100 anos de historia como punto de encontro veciñal, social e comercial en Ares.
📅 O ciclo continuará os vindeiros martes, sempre ás 20:30 h., coas actuacións de Txetxu Altube o 14 de xullo e Oso o 21 de xullo.
ℹ️ Lembrade que os concertos son gratuítos, mais precisan reserva previa a través da seguinte ligazón: https://forms.gle/cjkHV3PcySx62ZEo6






