O pasado venres, a música e o movemento chegaron até a praia urbana da vila cunha nova edición de ‘Danza na praia’, a proposta de Comp·Arte que contou un ano máis coa colaboración do Concello de Ares.
Ao carón da rampla grande, bailarinas e bailaríns compartiron co público unha mostra de coreografías nun escenario diferente ao habitual: coa area baixo os pés e a ría como pano de fondo.
Un encontro no que a danza e a expresión corporal se integraron coa paisaxe para desfrute da veciñanza e visitantes.
Deixámosvos algunhas das imaxes que nos regalou a xornada!














