Oso pechou con éxito o ciclo ‘Ao Son do Mercado’

Comparte esta nota de prensa

O Mercado Municipal de Ares acolleu o martes pasado a terceira e última actuación do ciclo de música de autor en acústico ‘Ao Son do Mercado’, que puxo o broche final á súa primeira edición coa actuación de Oso.

O público asistente puido gozar dun concerto íntimo e próximo, no que a música e as letras foron as auténticas protagonistas, creando unha atmosfera especial nun espazo tan emblemático como o Mercado Municipal.

 Integrado na programación VeraneAres 2026  da Concellaría de Cultura, ‘Ao Son do Mercado’ naceu para celebrar o centenario do Mercado Municipal, que este ano cumpre 100 anos de historia como lugar de encontro veciñal, social e comercial da vila. Ao longo das tres sesións, o ciclo achegou ao público diferentes propostas de música de autor en formato acústico, consolidándose como unha iniciativa cultural que aposta pola proximidade entre artistas e espectadores.

 Con esta última actuación péchase unha primeira edición que contou cunha excelente acollida por parte do público, reforzando a aposta do Concello de Ares por unha programación cultural variada e de calidade durante o verán.

Pódeche interesar