O salón de actos da Alianza acollerá o vindeiro martes 11 de agosto, ás 20:30 horas, a charla “O eclipse na vila”, unha actividade divulgativa aberta ao público para achegar á cidadanía un maior coñecemento sobre este fenómeno astronómico.
A conferencia correrá a cargo de Lorenzo Capllonch e Celsa Formoso, membros da Asociación Amigos do Mosteiro de Santa Catalina, que ofrecerán unha explicación sobre o eclipse solar, abordando diferentes aspectos relacionados coa súa observación e as particularidades deste extraordinario fenómeno.
A través desta iniciativa preténdese facilitar á veciñanza información útil para comprender mellor o eclipse solar e promover unha observación segura e responsable.
O Concello de Ares anima á cidadanía a participar nesta actividade divulgativa, que supón unha oportunidade para achegarse ao coñecemento dun dos fenómenos naturais máis singulares e agardados dos últimos anos.

