IX Ares Indiano – Programa de Actividades

Comparte este evento

21, 22 e 23 de agosto 2026

Exposicións (De 11:30 a 13:30 h. e de 18:30 a 20:30 h.)
  • Alianza Aresana: Nós tamén fomos emigrantes
  • Instrutiva de Caamouco: Selos e máis, memoria da emigración
  • C.I.R.S. de Cervás: Mulleres na emigración
Obradoiros
  • Elabora o teu chaveiro: (+ de 4 anos) – Prazas limitadas – Prezo: 3 €
  • Pintura Caribeña – Taller Mukina (Ares): (De 4 a 13 anos) – Prezo: 3 €
  • Decora o teu sombreiro: (necesario traer o sombreiro) (+ de 4 anos) – Prazas limitadas – Prezo: 3 €
  • Na procura do tesouro indiano: (De 4 a 12 anos) – Prezo: 3 € | Punto de encontro: Alianza Aresana
Roteiros e Inscricións
  • Roteiros guiados en bus histórico (Saídas da Praza da Igrexa):
    • Roteiro 1 (60 minutos): ARES – CERVÁS
    • Roteiro 2 (75 minutos): ARES – REDES
    • Prezos Roteiro 1 e 2: 0 a 2 anos: de balde / 3 a 12 anos: 2 € / + de 12 anos: 4 €
  • Roteiros a pé con Cayetano Lledó (Punto de encontro: Escolas do Lago): De balde.
  • Inscricións para o bus e roteiros a pé: Desde o mércores 12 de agosto na oficina de Turismo. Pago en efectivo (máximo 3 prazas por reserva; as reservas só poderán facelas maiores de 18 anos).
  • Inscricións para os obradoiros: Desde o mércores 12 de agosto a través do formulario web en www.concelloedaes.gal. Para confirmar a praza deberá realizarse o abono do importe na Biblioteca entre o 12 e o 17 de agosto.
Seminario de Cultura Ultramarina
  • RELATORIO: “Redes e a corbeta Nautilus. Habana 1908”. Juan Escrigas, capitán de navío e director do Museo Naval de Madrid.
  • RELATORIO: “O país invisible”. Arturo Lezcano, xornalista, guionista e escritor.
  • PRESENTACIÓN: “Bendamio, Letras de La Habana”. Javier Vilasánchez, cronista local.
  • RELATORIO: “Os bancos e a emigración”. Afonso Eiré, xornalista e escritor.
+ Espazos de Interese
  • Stand Municipal (Avda. Saavedra Meneses 17): Aberto de 11:30 a 14:00 h. e de 18:00 a 21:00 h. Punto de información, entrega de papeletas para os sorteos e venda de material conmemorativo (abanicos, sombreiros, bolsas de tea, chaveiros, imáns, postais, etc.).
  • Chimpos: Tenda efímera de aluguer de vestimenta indiana (Avda. Saavedra Meneses 17). Aberto do 17 ao 21 de agosto de 11:30 a 14 h. e de 18:30 a 22:00 h. O 22 de agosto en horario de 11:30 a 13:30 h. Devolucións: luns 24 de agosto de 11:30 a 14 h. e de 16:00 a 20:00 h.
  • Avda. Saavedra Meneses: Recreación de escena indiana, photocall (Sociedade Cultural O Tilo) e postos de venda e artesanía ao longo de todo o paseo.
Espazo Deputación
  • Mercado artesanal (Rampa Pequena)
  • Actividades de dinamización – Showcooking “A paisaxe que sabe” (Escolas do Lago) | Cociñeira: Nair González
    • Venres: Polbo da Habana – Chocolate e Ron
    • Sábado: Xiba Indiana – Rape en ceviche atlántico
    • Domingo: Sardiña do Atlántico | Vieiras en vinagreta de mango e maracuyá
Venres 21
  • 18:00 h. – Apetura do Mercado Indiano – Paseo Marítimo e Espazo Deputación (Rampa Pequena).
  • 18:00 h. – Showcooking: A paisaxe que sabe (Espazo Deputación – Escolas do Lago).
  • 18:00 a 20:00 h. – Os Nosos Mares: contacontos e xogos infantís en familia (Espazo Deputación – Rampa Pequena).
  • 18:30 a 20:30 h. – Acuarela indiana en directo coa pintora Marta (Stand Municipal).
  • 19:30 h. – Relatorio: “Redes e a corbeta Nautilus, Habana 1908” por Juan Escrigas (A Tenencia – Redes).
  • 20:00 h. – Pasarrúas con D’Kanfurnada (Ares).
  • 20:00 h. – Showcooking: A paisaxe que sabe (Espazo Deputación – Escolas do Lago).
  • 21:00 h. – Teatro: “Café de pota!” pola Cova do Trasno (Praza da Constitución).
  • 22:00 h. – Actuación musical: Habana Café Son Trío (Rampa Grande).
Sábado 22
  • 11:30 h. – Inauguración oficial do IX Ares Indiano (necesario convite). Ameniza: Geno Fernández (Alianza Aresana).
  • 11:30 h. – Roteiro en bus histórico a Cervás.
  • 12:00 h. – Roteiro a pé con Cayetano Lledó (Punto de encontro: Escolas do Lago).
  • 12:00 h. – Obradoiro infantil: “Decora o teu sombreiro” (Praza da Constitución).
  • 12:00 a 14:00 h. – Acuarela indiana en directo coa pintora Marta (Stand Municipal).
  • 12:15 h. – Presentación e relatorio: “O país invisible” por Arturo Lezcano (Alianza Aresana).
  • 12:30 h. – Showcooking: A paisaxe que sabe (Espazo Deputación – Escolas do Lago).
  • 12:30 h. – Pasarrúas do Grupo de Gaitas Aresán (Ares).
  • 12:45 h. – Obradoiro infantil: “Decora o teu sombreiro” (Praza da Constitución).
  • 12:45 h. – Roteiro en bus histórico a Redes.
  • 13:15 h. – Espectáculo de narración oral: “Lavandeiras” con Vero Rilo e Santi Cibreiro (A Tenencia – Redes).
  • 13:15 h. – Maxia e humor con Cayetano Lledó (Espazo Deputación – Rampa Pequena).
  • 17:30 h. – Showcooking: A paisaxe que sabe (Espazo Deputación – Escolas do Lago).
  • 18:00 h. – Roteiro en bus histórico a Cervás.
  • 18:00 a 20:00 h. – Acuarela indiana en directo coa pintora Marta (Stand Municipal).
  • 18:30 h. – Obradoiro infantil: Na procura do tesouro indiano (Punto de encontro: Alianza Aresana).
  • 18:30 h. – Roteiro a pé con Cayetano Lledó (Punto de encontro: Escolas do Lago).
  • 18:30 h. – Coñece e degusta o chocolate con Tomás Rodríguez / Oxoco (Espazo Deputación – Escolas do Lago).
  • 19:15 h. – Roteiro en bus histórico a Redes.
  • 19:30 h. – Showcooking: A paisaxe que sabe (Espazo Deputación – Escolas do Lago).
  • 19:30 h. – Clase participativa de ritmos latinos a cargo de Yoel (Praza da Constitución).
  • 19:30 h. – Presentación: “Bendamio, Letras de La Habana” por Javier Vilasánchez. Agasallo de exemplar aos asistentes (Alianza Aresana).
  • 20:00 h. – Roteiro a pé con Cayetano Lledó (Punto de encontro: Escolas do Lago).
  • 20:30 h. – Espectáculo familiar: “Flash, foto a foto” (Espazo Deputación – Rampa Pequena).
  • 20:30 h. – Espectáculo de maxia e humor: “Charly Braun” (C.I.R.S. de Cervás).
  • 21:00 h. – Pasarrúas con Os Primerizos (Ares).
  • 22:30 h. – Concerte de Gallaecia Small Band (Praza da Constitución).
Domingo 23
  • 11:15 h. – Roteiro en bus histórico a Redes.
  • 11:15 h. – Obradoiro infantil de pintura co Taller Mukina (Praza da Constitución).
  • 12:00 a 14:00 h. – Acuarela indiana en directo coa pintora Marta (Stand Municipal).
  • 12:00 h. – Roteiro a pé con Cayetano Lledó (Punto de encontro: Escolas do Lago).
  • 12:00 h. – Relatorio: “Os bancos e a emigración” por Afonso Eiré (Alianza Aresana).
  • 12:30 h. – Showcooking: A paisaxe que sabe (Espazo Deputación – Escolas do Lago).
  • 12:30 h. – Obradoiro infantil: “Elabora o teu chaveiro” (CIRS de Cervás).
  • 12:45 h. – Desfile de automóbiles históricos polo Paseo Marítimo de Ares.
  • 13:00 h. – Roteiro en bus histórico a Cervás.
  • 13:00 h. – Concerto da Banda de música da AC Xábrega (Praza da Constitución).
  • 13:15 h. – Sesión vermú coa Asociación Musical da Casa da Troya (C.I.R.S. de Cervás).
  • 13:30 a 16:00 h. – Exposición de automóbiles históricos (Av. Saavedra Meneses – Ares).
  • 17:15 h. – Roteiro en bus histórico a Redes.
  • 17:15 h. – Visita dos automóbiles históricos (C.I.R.S. de Cervás).
  • 18:00 h. – “Amosa o teu traxe”: Concurso de vestimenta indiana (Praza da Constitución).
  • 18:30 a 20:30 h. – Acuarela indiana en directo coa pintora Marta (Stand Municipal).
  • 18:30 h. – Visita dos automóbiles históricos (Redes).
  • 18:30 h. – Showcooking: A paisaxe que sabe (Espazo Deputación – Escolas do Lago).
  • 18:30 h. – Obradoiro infantil: “Elabora o teu chaveiro” (Alianza Aresana).
  • 18:30 h. – Roteiro a pé con Cayetano Lledó (Punto de encontro: Escolas do Lago).
  • 19:00 h. – Pasarrúas coa Rondalla Trovadores de Ares (Ares).
  • 19:00 h. – Roteiro en bus histórico a Redes.
  • 19:00 h. – Clase maxistral de ritmos latinos con Hugo Martínez Cortizas (Praza da Constitución).
  • 19:15 h. – Obradoiro infantil: “Elabora o teu chaveiro” (Alianza Aresana).
  • 19:30 h. – Concerto da Rondalla Só Elas (A Tenencia – Redes).
  • 19:30 h. – Coñece e degusta o chocolate con Tomás Rodríguez / Oxoco (Espazo Deputación – Escolas do Lago).
  • 20:00 h. – Roteiro a pé con Cayetano Lledó (Punto de encontro: Escolas do Lago).
  • 20:30 h. – Baile galego tradicional: “Areas do Mar chega de América” (Praza da Igrexa).
  • 22:30 h. – Concerto de Mondra (Praza da Igrexa).
Mapa de Ubicacións
  1. Alianza Aresana: Rúa María, 11
  2. Praza da Igrexa
  3. Praza da Constitución
  4. Stand Concello e Tenda Roupa “Chimpos”
  5. Escolas do Lago: Rúa Real, 117 / Espazo Deputación
  6. Rampa Pequena: Espazo Deputación
  7. Instrutiva de Caamouco: A Tenencia
  8. Praza do Pedregal
  9. C.I.R.S. de Cervás
Concursos e Sorteos

Amosa o teu traxe

Participación aberta a todas as idades. As persoas interesadas deberán achegarse caracterizadas á Praza da Constitución o domingo 23 de agosto ás 17:50 h para inscribirse. O desfile comezará ás 18:00 h no escenario da praza.

  • Criterios: Orixinalidade, representatividade histórica e confección.
  • Categorías: Adultos (15 anos en diante), Infantil (ata 14 anos) e Grupos (máis de 6 membros de calquera idade).
  • Premios: Adultos (50 € en metálico), Infantil (caixa de agasallos) e Grupos (100 €).

Sorteo de Agasallos

As persoas que asistan o 22 e/ou o 23 de agosto completamente caracterizadas poderán participar no sorteo dun lote de produtos típicos e un agasallo infantil customizado cada día.

  • Inscrición: No stand municipal (Av. Saavedra Meneses 17) antes das 19:30 h de cada día para recoller a papeleta (válida só para o sorteo dese mesmo día).
  • Sorteo: É obrigatorio estar presente. Terá lugar o sábado 22 ás 20:30 h e o domingo 23 ás 19:45 h na Praza da Constitución.

Días Previos – Obradoiro de customización de complementos indianos

(Sombreiros, cinturóns, luvas, parasoles, diademas…)

  • Datas: Martes 18 de agosto (de 17:00 a 20:00 h) e mércores 19 de agosto (de 10:00 a 13:00 h).
  • Prezo: 6 € (inclúe o material para customizar). Necesaria inscrición previa en www.concelloedaes.gal.
  • Lugar: Chimpos, tenda de aluguer de roupa (Av. Saavedra Meneses 17).

PROGRAMA POR DÍAS IX ARES INDIANO 2026 en pdf

PROGRAMA TRÍPTICO IX ARES INDIANO 2026 en pdf

Pódeche interesar...

Eventos

Festas Lubre 2026

Na honra á Nosa Señora do Rosario (Ares) 14 de agosto A partir das 18:00 h: Celebraremos a XIX Festa do Percebe no adro da