O Concello de Ares, a través da Concellería de Cultura, organiza este venres, 28 de agosto, unha nova charla-coloquio protagonizada por Juan Prados, que ofrecerá unha particular achega a dúas das grandes elaboracións tradicionais da gastronomía europea: o cassoulet de Castelnaudary e a fabada asturiana.
Baixo o título «Entre o cassoulet de Castelnaudary e a fabada asturiana», o encontro permitirá coñecer as semellanzas, diferenzas e particularidades de dous pratos profundamente ligados á tradición culinaria dos seus respectivos territorios, así como achegarse á súa historia, elaboración e evolución ao longo do tempo.
A charla terá lugar o venres 28 de agosto, ás 20:00 horas, na Alianza Aresana.
Desde o Concello de Ares convídase á veciñanza e a todas as persoas interesadas na gastronomía e na cultura culinaria a participar neste encontro, que combina tradición, historia e gastronomía arredor de dous pratos emblemáticos.

