Novo grupo de Pilates/Ximnasia Terapéutica para maiores de 60 anos nas Actividades Deportivas Municipais 2026-2027

Comparte esta nota de prensa

O Concello de Ares, a través da Concellería de Deportes, informa de que, a partir do 1 de outubro, os martes e xoves, de 10:30 a 11:30 horas, abrirase un novo grupo de Pilates/Ximnasia Terapéutica para maiores de 60 anos, como grupo de actividade especial.

Por este motivo, abrirase un período de inscrición para esta actividade específica o vindeiro xoves, 17 de setembro, a partir das 9:00 horas, sendo necesario realizar a inscrición nas dependencias administrativas do Pavillón Deportivo Municipal de Ares, durante o seu horario de apertura ao público.

O número de prazas para esta actividade será de 12, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición.

A actividade especial comezará o vindeiro xoves, 1 de outubro, e terá lugar na sala de usos múltiples do Pavillón Deportivo Municipal, desenvolvéndose ata o 29 de xuño de 2027, nos días e horarios sinalados.

Servizos Deportivos do Concello de Ares

Pódeche interesar