Como vén sendo habitual e tras o éxito colleitado en edicións anteriores, o Concello de Ares súmase un ano máis ao FESTEA, VIII Festival Internacional de Entes Animados, coincidindo coas Festas da Mercé en Chanteiro.
Nesta oitava edición, a veciñanza poderá gozar do recoñecido espectáculo internacional de fío e música Alex Barti Show. O artista, un dos grandes referentes mundiais da arte das marionetas de fío, dará vida á súa entrañable marioneta Barti nun espectáculo cheo de humor, sensibilidade e complicidade para toda a familia.
Cita en C.C. Outeiro de Chanteiro: Sábado, 26 de setembro ás 19:00 h


