O Rueiro de Ares e o Concello únense para celebrar o Magosto-Samaín cunha gran festa popular

Comparte esta nota de prensa

O vindeiro 31 de outubro, a partir das 17:00 horas, Ares encherase de tradición e ambiente festivo co Magosto-Samaín, organizado pola asociación O Rueiro coa colaboración do Concello de Ares para gozar en comunidade.

A tarde contará cun obradoiro de colares de zonchos (só para socios) e mesas con utensilios para que a veciñanza poida preparar os seus propios calacús (cabazas).

A celebración continuará cunha rueirada aberta por todo o pobo e pecharase cunha foliada na praza da Casa da Santa Compaña, acompañada polo tradicional conxuro da queimada.

Animamos a toda a veciñanza a achegarse e compartir unha xornada chea de raíces, música e ledicia.

Pódeche interesar