O vindeiro sábado, 21 de novembro, temos unha cita moi especial coa música na nosa vila. A partir das 17:30 horas, o Casino Aresano acollerá o tradicional Concerto Día do Músico, unha tarde chea de harmonía, tradición e intercambio cultural.
Sobre o escenario contaremos coas actuacións de catro destacadas agrupacións chegadas dende Galicia e Portugal:
- Coral A.C. Cruceiro do Monte (Teo)
- Rondalla de Cariño
- Coro Polifónico Verdoejo (Portugal)
- Rondalla Trovadores de Ares
Data: Sábado, 21 de novembro
Hora: 17:30 h
Lugar: Casino Aresano
Unha cita organizada polo Concello de Ares (Concellaría de Cultura) e a Rondalla Trovadores de Ares, coa colaboración da Rede Cultural da Deputación da Coruña e o Casino Aresano.
Agardámoste para celebrar xuntos a paixón pola música!

