Exercicios de rescate en Ares nunha espectacular manobra de busca e salvamento na contorna do Miradoiro do Blue Star.

Comparte esta nota de prensa

A ONG IAE (Intervención, Axuda e Emerxencias), en colaboración co Concello de Ares, levou a cabo varias xornadas de exercicios prácticos de busca e rescate na zona do Miradoiro do Blue Star, poñendo a proba a capacidade de resposta e a coordinación dos equipos de emerxencia en contornas de cantís.

O exercicio recreou a caída dunha persoa nunha zona de cantís, poñendo en marcha un completo despregamento de busca. A unidade canina, encabezada pola cadela Ula e os seus guías, seguiu o rastro dende un vehículo ata os bordos do cantil, completando o rastrexo co apoio de drons para fixar a posición exacta da vítima na praia.

Miguel Montero, responsable do GELR (Grupo Especial de Localización e Rescate) da ONG IAE, salientou que, ante a gravidade simulada das lesións (un politrauma importante) e a recomendación sanitaria dunha evacuación inmediata, mobilizouse a través do 112 Galicia o helicóptero Helimer 402 de Salvamento Marítimo.

Estas prácticas conxuntas son fundamentais para perfeccionar os protocolos de actuación, reforzar a sincronización entre os distintos corpos de emerxencia e garantir a mellor resposta posible ante calquera situación real no noso litoral.

Podes ver como se desenvolveu este impresionante operativo na seguinte ligazón: https://www.g24.gal/-/simulacro-de-rescate-en-altura-en-ares

Pódeche interesar